Single Blog Title

This is a single blog caption

DATAS 2018 E PRIMEIROS ABONOS Á VENDA


WOS revela por fin as datas da súa quinta edición, que de novo durante cinco días colmará Santiago de Compostela de propostas en torno ao risco e a exploración, a arte contemporánea e o diálogo entre disciplinas. O gran evento anual da produtora compostelá WORK ON SUNDAY terá lugar este ano entre o mércores 12 e o domingo 16 de setembro. SON ESTRELLA GALICIA vincula o seu nome ao do festival como patrocinador principal, afianzando a súa aposta polas expresións culturais de vangarda.

A organización anunciará proximamente os primeiros nomes do programa. Ata ese momento, e nunha promoción limitada ás 100 primeiras unidades, os abonos Weekend e Premium poden ser adquiridos a un prezo especial na zona de compra de entradas da nosa web.