fbpx

Single Blog Title

This is a single blog caption

SAVE THE DATE! DATAS 2019 E PRIMEIROS ABONOS A PREZO PROMOCIONAL


Saquen as súas axendas: a sexta edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia, o evento anual da axencia WORK ON SUNDAY, terá lugar este ano entre o mércores 11 e o domingo 15 de setembro.

WOS Festival x SON Estrella Galicia é un festival indoor que ten lugar cada setembro no corazón do centro histórico e urbano de Santiago de Compostela. As súas doce sedes, de capacidade moi limitada, ofrecen marcos extraordinarios nos que vivir experiencias únicas. As localizacións inclúen dous museos, un mercado, unha igrexa do século XVIII, dous teatros, edificios singulares como a Cidade da Cultura ou a Sede da Fundación SGAE, dúas salas de concertos e unha sala de cinema independente. O evento supón unha auténtica ruta arquitectónica e turística pola cidade, enhebrada por un programa de propostas en torno ao risco, a exploración, a arte contemporánea e dixital, o contraste entre tradición e innovación, e o diálogo entre disciplinas.

Dentro de moi pouco revelaremos a imaxe desta edición e anunciaremos os primeiros nomes do programa. Ata ese momento, e nunha cantidade limitada, os abonos Weekend e Premium poden ser adquiridos a un prezo especial.