fbpx

Single Blog Title

This is a single blog caption

PREMIO NACIONAL Á MELLOR PROMOCIÓN TURÍSTICA NOS IBERIAN FESTIVAL AWARDS


A cita compostelana de WORK ON SUNDAY segue a colleitar reconoñecementos. Ao galardón europeo recibido fai dous meses sumouse na gala celebrada onte á noite en Vigo o premio nacional á Mellor Promoción Turística nos Iberian Festival Awards. O xurado do certame, que premia a excelencia entre os festivais de toda España e Portugal, elixiu ao WOS Festival x SON Estrella Galicia polo seu valor destacado na promoción turística cultural da cidade de Santiago de Compostela, competindo contra citas como o Resurrection Fest ou o Bilbao BBK Live.

A organización da cita compostelá ha subliñado desde os seus inicios a súa vontade de ofrecer unha alternativa cultural e artística na que descubrir e gozar de experiencias únicas en contextos moi especiais e audiencias limitadas. A súa proposta defínese pola súa vontade de presentar no marco excepcional que ofrece Santiago de Compostela formas artísticas ao redor da música electrónica e a exploración avaladas polo rotundo recoñecemento de público e prensa fóra das nosas fronteiras. Unha das súas características son precisamente as súas doce sedes, distribuídas polo centro urbano e histórico da capital galega, que incluíron nos seus cinco anos de traxectoria o museo Centro Galego de Arte Contemporánea – CGAC, a Cidade da Cultura, o Teatro Principal, a terraza da Fundación Eugenio Granell, a Igrexa da Universidade, o Mercado de Abastos, a sede da Fundación SGAE, as salas Capitol e Malatesta ou a sala de cinema independente NUMAX.

O seu programa reuniu a artistas destacados por critícaa especializada de procedencias tan dispares como Exipto, Sri Lanka, Xapón, Israel, Hungría, Austria, Serbia, Alemaña, Finlandia, Brasil, Estados Unidos, Australia, Canada ou Níxer. O programa, estruturado ao redor da música, incluíu ao longo das súas cinco edicións mesas de debate, estreas de cinema, noites de club, performance e escénicas, ou actividades gastronómicas. No musical, o seu cartel contou con figuras de culto, artistas revelación, e artistas habituais nos máis reputados escenarios de todo o mundo, con nomes como The Soft Moon, Thee Oh Sees, Silver Apples, Beak>, Michael Rother plays Neu!, Spectrum, Laurel Halo, Roly Porter & MFO, Raime, Vessel, Fluzo, Skee Mask, Robert Henke, Group A, Paul Jebanasam & Tarik Barri, Demdike Stare, Neno de Elche, Gábor Lázár, Greg Fox, Ron Morelli, Samuel Kerridge, Abul Mogard, Suso Saiz, JASSS, Oddisee, K-X- P ou Lucrecia Dalt entre outros. Pola súa banda, o cartel de cinema participou en estreas a escala mundial como o documental de Nick Cave “One More Time With Feeling”, ou as estreas en España das celebradas “Milford Graves Full Mantis” ou “Tony Conrad: Completely In The Present”. Patrocinadores como Jägermeister e Red Bull participan no proxecto complementando o programa musical con propostas inusuais e transgresoras, destinadas a un público inquieto que busca alimento artístico máis aló das canles masivas.

A cita anual da produtora compostelá WORK ON SUNDAY anunciará proximamente as súas datas de 2019, un ano máis con SON Estrella Galicia vinculando o seu nome ao do festival como patrocinador principal.