Single Blog Title

This is a single blog caption

NOVIDADES WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA


A quinta edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia enfila a súa recta final reiterando a súa firme vontade de presentar en Santiago de Compostela e en Galicia formas artísticas ao redor da música electrónica e a exploración avaladas polo rotundo recoñecemento de público e prensa fóra das nosas fronteiras. O festival subliña entre os seus obxectivos ofrecer unha alternativa cultural e artística na que descubrir e gozar de experiencias únicas en contextos moi especiais e audiencias limitadas. Artistas destacados pola critíca especializada nos dous últimos anos, de procedencias tan dispares como Exipto, Sri Lanka, Xapón, Israel, Hungría, Serbia, Brasil, Alemaña, Estados Unidos ou Francia, daranse cita en Santiago de Compostela.

Entre as 34 actividades contempladas por agora no programa, ás que aínda podería engadirse algunha, distínguense catro subprogramas.

WOS CINEMA X NUMAX, patrocinado por Gadis, proxectará tres películas, dúas delas estreas en España: a película arxentina “El Ruido Son Las Casas”, sobre a creación de música experimental en Buenos Aires, e a esperada “Milford Graves Full Mantis”, retrato filmado do famoso percusionista Milford Graves, co-dirixida por Neil Young. O programa de Cinema complétase co celebrado documental “The Public Image Is Rotten”, sobre o grupo Public Image Ltd. (PiL) formado por John Lydon (Johnny Rotten) ao finalizar The Sex Pistols en 1978: unha corporación que leva experimentando coa música e a súa representación nos medios desde hai máis de 30 anos. As proxeccións en NUMAX requiren a adquisición dunha entrada independente, aínda que para as persoas con pulseira Premium é posible adherirse a un desconto especial.

WOS ENCONTROS, con apoio de Fest Galicia, Cidade da Cultura e Centro Galego de Arte Contemporánea, inclúe seis mesas de debate con dúas decenas de invitados: unha mesa ao redor de novos medios, outra sobre innovación e sustentabilidade en festivais, outra reflexionando sobre políticas culturais, unha quinta analizando o actual estado da música electrónica en España, e un encontro co artista Peter ‘ Sonic Boom’ Kember, fundador de Spacemen 3. Todos os Encontros son de acceso libre ata completar capacidade.

WOS SHOWCASE X JÄGERMUSIC, que encherá de música a noite do xoves na sede da Fundación SGAE coa novísima RRUCCULLA, Territoire presentando ‘Alix’ (Humo, 2018) e o venerado Spectrum.

WOS CLUBBING X RED BULL MUSIC, que levará á madrugada de venres e sábado na Sala Malatesta seis propostas excepcionais de música de baile: a norteamericana Laurel Halo, Gábor Lázár presentando ‘Unfold’ cun espectáculo audiovisual en directo estreado fai apenas un par de semanas en Berlin Atonal, o neoiorquino Ron Morelli, os ritmos rotos de JASSS e o galego Death Whistle.

Incorpórase ademáis ao programa a japonesa Tomoko Sauvage, que executará na Igrexa da Universidade a súa fráxil e cautivadora acústica carnática a partir de cuncas, auga e micrófonos subacuáticos, e a gallega Russinha, especialista en ritmos negros de orixe brasileiro, angolano ou caboverdiano e que estará no Mercado de Abastos o sábado a mediodía.

Todos os horarios serán publicados nos vindeiros días. Os abonos Premium (5 días), Weekend (venres, sábado, domingo) e las entradas dun solo día xa están á venda na zona de venda de entradas e en tres tendas físicas seleccionadas.