Single Blog Title

This is a single blog caption

MELLOR FESTIVAL INDOOR NOS EUROPEAN FESTIVAL AWARDS 2018


O xurado especializado da décima edición dos European Festival Awards elixiu ao compostelán WOS Festival x SON Estrella Galicia como mellor festival indoor de Europa en 2018. O galego competía con outros nove finalistas, sete deles alemáns, un austríaco e un checo. Desde o seu inicio en tan só en tres ocasiones un festival español ha conseguido un galardón na gala: Primavera Sound en 2014, e de novo Primavera Sound e Mad Cool en 2017. Este ano os únicos españois que acompañaban a WOS entre os finalistas eran de novo a cita barcelonesa e a madrileña. Os gañadores foron anunciados onte á noite nunha gala en Groninga, nos Países Baixos.

Os outros gañadores do certame inclúen ao romanés ARTmania como mellor festival de pequeno formato, o danés NorthSide como mellor festival de medio formato, o alemán Wacken Open Air como mellor festival de gran formato, o alemán Rolling Stone Park como mellor novo festival, o danés Roskilde como mellor cartel, e o DGTL Amsterdam como festival máis sustentable.

A organización da cita compostelá ha subliñado desde os seus inicios a súa vontade de ofrecer unha alternativa cultural e artística na que descubrir e gozar de experiencias únicas en contextos moi especiais e audiencias limitadas. A súa proposta defínese pola súa vontade de presentar no marco excepcional que ofrece Santiago de Compostela formas artísticas ao redor da música electrónica e a exploración avaladas polo rotundo recoñecemento de público e prensa fóra das nosas fronteiras. Unha das súas características son precisamente as súas doce sedes, distribuídas polo centro urbano e histórico da capital galega, que incluíron nos seus cinco anos de traxectoria o museo Centro Galego de Arte Contemporánea – CGAC, a Cidade da Cultura, o Teatro Principal, a terraza da Fundación Eugenio Granell, a Igrexa da Universidade, o Mercado de Abastos, a sede da Fundación SGAE, as salas Capitol e Malatesta ou a sala de cinema independente NUMAX.

O seu programa reuniu a artistas destacados por critícaa especializada de procedencias tan dispares como Exipto, Sri Lanka, Xapón, Israel, Hungría, Austria, Serbia, Alemaña, Finlandia, Brasil, Estados Unidos, Australia, Canada ou Níxer. O programa, estruturado ao redor da música, incluíu ao longo das súas cinco edicións mesas de debate, estreas de cinema, noites de club, performance e escénicas, ou actividades gastronómicas. No musical, o seu cartel contou con figuras de culto, artistas revelación, e artistas habituais nos máis reputados escenarios de todo o mundo, con nomes como The Soft Moon, Thee Oh Sees, Silver Apples, Beak>, Michael Rother plays Neu!, Spectrum, Laurel Halo, Roly Porter & MFO, Raime, Vessel, Fluzo, Skee Mask, Robert Henke, Group A, Paul Jebanasam & Tarik Barri, Demdike Stare, Neno de Elche, Gábor Lázár, Greg Fox, Ron Morelli, Samuel Kerridge, Abul Mogard, Suso Saiz, JASSS, Oddisee, K-X-P ou Lucrecia Dalt entre outros. Pola súa banda, o cartel de cinema participou en estreas a escala mundial como o documental de Nick Cave “One More Time With Feeling”, ou as estreas en España das celebradas “Milford Graves Full Mantis” ou “Tony Conrad: Completely In The Present”. Patrocinadores como Jägermeister e Red Bull participan no proxecto complementando o programa musical con propostas inusuais e transgresoras, destinadas a un público inquieto que busca alimento artístico máis aló dos leitos masivos.

A cita anual da produtora compostelá WORK ON SUNDAY anunciará proximamente as súas datas de 2019, un ano máis con SON Estrella Galicia vinculando o seu nome ao do festival como patrocinador principal.

Paralelamente, a cita anual da promotora compostelá WORK ON SUNDAY volve repetir de novo outras cinco nomeamentos nos Iberian Festival Awards, que premian a excelencia entre todos os festivais de España e Portugal. As categorías nas que compite son mellor festival de pequeno formato, mellor promoción turística, mellor programa musical, mellor festival indoor, e mellor actuación polo directo de The Bug feat. Miss Red. Os gañadores da competición ibérica serán anunciados o 13 de marzo nunha gala oficial en Vigo.