fbpx

ZORN I (2010-2017)


“ZORN I (2010-2017)” (2017, Mathieu Amalric)

En eterno proceso. Así podería describirse o traballo do actor e director Mathieu Amalric xunto ao mítico músico de Queens (NYC) John Zorn. En 2009, a canle de televisión Arte propón a Amalric filmar un retrato sobre a figura de Zorn. Pronto ambos artistas danse conta de que un encargo así “sería como encerrar a un animal salvaxe nun zoo” (en palabras do propio Amalric), pero o desexo de filmar quedou. Así, durante oito anos, Amalric e Zorn rexistran de forma absolutamente libre cada un dos seus encontros, nun universo musical sempre en proceso; sen final.

ESTRENO EN ESPAÑA

Mubi FID Marseille

As películas de WOS CINEMA X NUMAX son abertas ao público xeral (non fai falta ter entrada ou abono do festival). En todos os casos as entradas deberán adquirirse de xeito independente na web de NUMAX. As persoas con abono Premium gozarán dun desconto especial.