fbpx

XISELR



XISELR / ES

Xiselr é un novo proxecto do artista sonoro e músico experimental Xoán-Xil López baseado no uso de texturas sonoras drone interpretadas cun instrumento electrónico de construción propia, que propón unha reinterpretación da zanfona á vez que investiga sobre novas posibilidades expresivas da síntese sonora e a performance electrónica. Desde o punto de vista experimental e contemporáneo, Xiselr aproxímase á esencia, máis que á forma, do imaxinario da cultura sonora galega e a unha tradición na que os bordones teñen unha extensa presenza. Estará en WOS presentando o traballo no que está a traballar neste momento, ‘Non Uniform Circular Motion’, no que os sons son xerados integramente por un set de dous instrumentos creados polo mesmo, facendo uso de hardware aberto, unha dinamo e múltiples sensores. O título deste traballo fai alusión ao concepto do “eterno retorno” -repetición, cambio e recorrencia-, e á conexión que existe entre certas sonoridades da música contemporanea e algunhas prácticas musicais pre-tonais.

Website Youtube Facebook Twitter

[ XOVES 12 | 22:00 | SGAE – ROOM 2 ]
WOS SHOWCASE X JÄGERMUSIC