TOMOKO SAUVAGE



TOMOKO SAUVAGE / JP

Tomoko Sauvage leva máis de dez anos investigando as propiedades sonoras e visuais da auga en diferentes estados, así como as da cerámica, en combinación coa electrónica. Os cuncos de porcelana de diferentes tamaños, cheos de auga e amplificados a través de hidrófonos (micrófonos submarinos), son unha especie de sintetizador natural que xera un timbre fluído utilizando ondas, pingas e burbullas. Os recipientes resoan e producen retroalimentación subacuática, un fenómeno acústico que require un axuste fino segundo a cantidade de auga, un sutil control de volume e interacción co espazo acústico. A través de materiais primordiais e xestos lúdicos, Tomoko Sauvage busca un equilibrio fráxil entre a aleatoriedad e a disciplina, o caos e a orde. O seu segundo álbum “Musique Hydromantique”, en alusión á hidromancia – adiviñación por medio da auga – foi lanzado por Shelter Press en 2017.

Nada en Yokohama, Xapón, Sauvage mudouse a París en 2003 despois de estudar piano en Nova York. Ao escoitar a Alice Coltrane e Terry Riley interesouse pola música india e comezou a estudar a improvisación da música indostaní. En 2006 asistiu a un concerto de Aanayampatti Ganesan, un virtuoso de Jalatharangam, o instrumento de música tradicional carnático que utiliza cuncos de porcelana cheos de auga. Fascinada pola simplicidade do seu dispositivo a súa sonoridade, Sauvage inmediatamente comezou a golpear cuncos chineses con palillos na súa cociña. Pronto o seu desexo de mergullarse na auga procreou a idea de usar un micrófono submarino e levou ao nacemento do instrumento electroacústico.

Baixo a forma de instalacións, performances, e composicións musicais, o traballo de Tomoko Sauvage é presentado regularmente en todo o mundo. Actuou e exhibiu en festivais, institucións e galerías internacionais como Roskilde Festival (Dinamarca), Flow Festival (Finlandia), Centre Pompidou Metz (Francia), Musée Quai Branly (Francia), Présences Electronique (Francia), Borderline Festival (Grecia ), Borealis Contemprary Music Festival (Noruega), Museo Tamayo (México), High Zero Festival (EE. UU.), Festival send + receive (Canadá), Empty Gallery (Hong Kong), TÖNE festival (Reino Unido) ou Grimmuseum (Alemaña).

Foto: Yoshihiro Inada

Website | Facebook | Instagram | Bandcamp | Soundcloud Spotify

☰ VENRES 14 | 18:00 | IGREXA DA UNIVERSIDADE ☰