THE PUBLIC IMAGE IS ROTTEN (2017)


“THE PUBLIC IMAGE IS ROTTEN” (2017)

Public Image Ltd. (PiL) foi o grupo que John Lydon (Johnny Rotten) formou ao finalizar The Sex Pistols en 1978, tras unha decisiva viaxe a Xamaica. Máis que unha banda de rock, PiL é unha corporación que leva experimentando coa música e a súa representación nos medios durante máis de 30 anos, cheos de altibaixos artísticos e persoais. “THE PUBLIC IMAGE IS ROTTEN” é o retrato do comezo do post-punk en Inglaterra, composto por un inmenso material de arquivo fílmico e a memoria dos que o viviron. John Lydon e os numerosos ex-membros de PiL abren os seus corazóns para lembrar, insultar e reflexionar sobre as súas tres décadas de traxectoria.

É preciso mercar unha entrada independiente.
Tarifas habituais de NUMAX, con desconto para as persoas con pulseira Premium.

“The Public Image is Rotten” (Tabbert Fiiller, 2017, USA) | 103 min.
Con: John Lydon (Johnny Rotten), Martin Atkins, Jah Wobble, Don Letts, Flea, Vivien Goldman
Productores: Tyler Brodie, Tabbert Fiiller, Hunter Gray, Phaedon A. Papadopoulos

☰ MÉRCORES 12 | 20:15 | NUMAX ☰