THE EVIL USSES



THE EVIL USSES / UK

The Evil Usses é un cuarteto psicodélico-experimental de Bristol eloxiado polos seus directos  abrumadoramente salvaxes e enérxicos. Reunidos na última promoción do lendario (e actualmente defunto) centro de formación experimental Dartington College, Conrad, Dan,  Leon e Lorenzo pasaron por outros estilos e combinacións antes de formar The Evil Usses. Chegando a un son nalgún lugar entre Captain Beefheart, Tortoise e Cardiacs, actualmente forman parte do colectivo de creación artística BLOOM de Bristol. Estarán no festival presentando o seu novo disco ‘Amateur Pro Wrestling’ (Stolen Body Records, 2017).

Soundcloud | Bandcamp | Spotify | Facebook | Twitter

☰ VENRES 14 | 21:00 | FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL ☰