THE BUG FT. MISS RED



THE BUG FT. MISS RED / UK ISR

Tras unha década colaborando baixo diferentes alias con artistas como Justin Broadrick (Godflesh, Techno Animal), Kevin Shields (My Bloody Valentine), El-P ou John Zorn, Kevin Martin publicou en 2008 en Ninja Tune o seu primeiro disco baixo o nome de The Bug, unha detonación de dancehall, grime, hip- hop e noise testemuño dos principios momentos da cultura sound-system e dub-step londiniense. A lista de colaboracións de The Bug a partir dese momento inclúe a Death Grips, Earth, Nine Inch Nails ou Grouper, entre outros moitos. En directo, o seu monstruoso dub-noise afecta dunha maneira corpórea, carnal, e é coroado cun abanico de MCs que trazan todo o espectro, desde a frescura ata a máis inapelable rudeza.

Nada en Israel de pais marroquís e polacos, a MC e cantante Miss Red colleu o micrófono nunha Dj session improvisada de The Bug en Jaffa. Ao día seguinte, Martin reservou estudo en Tel Aviv e Sharon Stern gravou por primeira vez nun estudo profesional un tema que vería a luz en Ninja Tune. Stern converteuse nunha acompañante case permanente dos directos incendiarios de The Bug, acompañándolle xunto aos seus MCs habituais polos escenarios de Sónar, Unsound, ATP, Outook, CTM, etcétera. Bregada en rimas en clubs de todo o mundo, Stern publicou ou gravou pistas con Warp, Hi- Fi, Mungos, ou o seu propio selo Red Label, via Boomkat, e conta varias referencias esgotadas. O seu primeiro LP “K.O.”, publicado no recentemente fundado selo de The Bug, PRESSURE, xerou instantaneamente encomios de medios como Quietus, Mollo, Uncut ou Observer. Un bo comezo para a raíña do dancehall futurista.

“K.O” review The Quietus | Miss Red interview Fact Mag

The Bug Facebook | Twitter | Bandcamp | Spotify
Miss Red websiteFacebook | Twitter | InstagramBandcampSpotify

Foto: Nick Sayers

☰ SÁBADO 15 | 23:00 | SALA CAPITOL ☰