TERRITOIRE



TERRITOIRE / FR

Territoire, proxecto en constante movemento e sen formato estable do produtor e compositor francés Olivier Arson, abre novas tensións entre procesos electrónicos, experimentacións acústicas, o tratamento da voz e fragmentos narrativos. Esculpe unha electrónica agresiva e sensorial que se expande cara un techno opresivo e catártico á vez, replégase no ambient máis físico e estala en berros mutantes. É unha deriva existencial cara un horizonte crebado, que oculta a súa beleza na escuridade e descobre, ao fin, nese límite latente, unha luz incomoda e descoñecida.

Territoire presentarán Alix (Humo, 2018), o seu novo traballo, un disco conceptual que narra a historia dun escravo, Alix, desde o seu nacemento ata o seu encontro coas persoas que o venderon. Producido polo lendario Óscar Mulero e o artista audiovisual e músico ­Tasio. Carne, calor e metal.

Website | Bandcamp |  Spotify

☰ XOVES 13 | 22:00 | FUNDACIÓN SGAE ☰