TEMOS QUE FALAR: POLÍTICAS DE XESTIÓN CULTURAL


TEMOS QUE FALAR: POLÍTICAS DE XESTIÓN CULTURAL

Como poden dialogar os novos axentes culturais coas institucións? Nun contexto de restricións orzamentarias, a iniciativa privada ha aberto o debate sobre a xestión do espazo público, os problemas de financiamento vinculados á práctica do mecenado e o patrocinio, ou a identificación dun público estratéxico. Do xeral ao particular, tentaremos propoñer alternativas para a resolución de conflitos desde o punto de vista da xestión cultural e a regulación administrativa.

Participan:

Xavier Campos é membro fundador da xunta directiva da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e asesor cultural da Deputación da Coruña. www.xestoresculturais.gal

Branca Novoneyra é concelleira responsable de Acción Cultural, con competencias en Cultura (Auditorio de Galicia, Teatro Principal e Zona C) e Festas, ademais de escritora, bailarina e coreógrafa.

Manuel A. Fernandes é responsable de comunicación de Braga Media Arts, un proxecto de referencia para a maioría dos temas para tratar no coloquio e que mereceu o recoñecemento de Cidade Creativa da UNESCO ao reforzar as relacións entre arte e tecnoloxía e potenciar unha rede de traballo contemporánea e transdisciplinar cuxos beneficios reverten na sociedade, cultura e economía da cidade. www.bragamediaarts.com

Horacio González iniciou a súa relación coa creación dixital e os novos medios como coordinador do Festival IFI. Formou parte dos colectivos VHPlab e Escoitar en calidade de artista multidisciplinar e desarrollador de software e é o impulsor do proxecto de acción crítica e enxeñería cultural chamado Agentes del Caos iniciado en outubro de 2014. www.vhplab.net / www.agentesdelcaos.net

Rut Balbís é bailarina, creadora e profesora de danza. Forma parte do Colectivo RPM responsable do programa Residencias Paraíso de danza e creación contemporánea, unha innovadora iniciativa de investigación ao redor das artes do movemento que conseguiu interactuar con distintas institucións galegas: concellos, deputacións, Agadic e outros. www.colectivorpm.gal

Baltasar Patiño é co- fundador de Matarile Teatro, impulsor durante doce anos do Festival Internacional de Danza En Pé de Pedra e promotor de espazos de exhibición para a creación contemporánea, como o Teatro Galán e sala Montiel, un espazo in-permanente de exhibición e resistencia, independente de orzamentos e normativas oficiais. www.matarileteatro.net

Modera:

Javier Martín é coreógrafo e investigador. Desenvolve un proxecto de corte epistemológico ao redor das artes do movemento que contempla a creación de espectáculos, a teoría, a activación e desenvolvemento de grupos de investigación, seminarios e conferencias. www.javiermartin.gal

 

Entrada libre ata completar capacidade.

☰ SÁBADO 15 | 16:00 | CGAC – AUDITORIO ☰