SPECTRUM


SPECTRUM / UK

WOS SHOWCASE X JÄGERMUSIC

Spectrum é o proxecto máis recoñecido de Pete “Sonic Boom” Kember tras a separación de Spacemen 3. Inicialmente “Spectrum” foi o título do primeiro álbum en solitario do artista, lanzado en 1990 antes da separación de Spacemen 3: unha colección de cancións etéreas, case sen forma. Con todo, Spectrum parece ser reservado para satisfacer as inclinacións pop máis convencionais do artista. Tras a disolución de Spacemen 3 en 1991 Kember recuperou o nome para a súa nova banda e publicou o seu album de debut, Soul Kiss (Glide Divine), unha colección de retro pop tranquilo e luminoso mesturado con pasaxes drone. Tras a publicación dun EP e outro longo, Highs, Lows and Heavenly Blows (1994), Kember pasou uns anos centrado no proxecto E.A.R., Experimental Audio Research, un colectivo aberto con participantes como Kevin Shields de My Bloody Valentine, Kevin Martin do dúo Techno Animal, ou Eddie Prévost de AMM, dedicado á improvisación e exploración de texturas ambientais e construcións tonais. Tras un hiato de case unha década, en 2008 Kember volveu ao estudo e aos escenarios.

Website | Facebook | Bandcamp

☰ XOVES 13 | 00:00 | FUNDACIÓN SGAE ☰