SESIÓNS H.A.L.O.: FONOGENIA


SESIÓNS H.A.L.O.: FONOGENIA / ES

As Sesións H.A.L.O. (High Altitude Low Opening) foron creadas polo colectivo IMPROVIGO como canle articuladora das inquedanzas de diversos músicos e músicas galegos pola libre improvisación. Cada sesión, e cada unha pode atopar encarnacións moi diferentes, agrupa a un número determinado de intérpretes procedentes de todos os ámbitos e xéneros musicais: ás veces poden ser xuntados aleatoriamente, ás veces poden denominar o combo cun nome, e a menudo sen ningún tipo de ensaio previo. Nesta ocasión e baixo o nome de FONOGENIA Macarena Montesinos (violoncello), Elena Vázquez (violín) e Madamme Cell (electrónica), subterfúxianse na inmensa celebración non productiva das sesións H.A.L.O.

Facebook

☰ VENRES 14 | 19:00 | FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL ☰