RUSSINHA


RUSSINHA / ES

Russinha é o proxecto musical que iniciou Marta Gilino, nada en Compostela, á volta dun tempo vivindo en Portugal. Sentir a falta dos ritmos negros das músicas de orixe brasileira, angolana e caboverdiana levoulle a sumerxirse nun amplo abanico de estilos musicais, como o brazil, kuduro, funk, soul, afrobeat, jazz e electrónica, coa intención de facer sesións que fagan bailar e disfrutar.  Entendendo a música como forma de transformación social, de visibilización de colectivos non hexemónicos, e de loita, Russinha ten o propósito de crear espazos libres de prexuízos, discriminación, acoso ou calquer tipo de violencia. Forma parte de diferentes colectivos da escena musical compostelana, como o grupo de rap trap feminista Mulheres na Batida e o dúo de djs Côco Dança Estímulo. Actualmente é unha das Dj´s residentes do bar O´Pozo, en Santiago de Compostela.

Facebook | Soundcloud

 

Entrada libre.

☰ SÁBADO 15 | 14:00 – 15:30 | MERCADO DE ABASTOS ☰