RRUCCULLA



RRUCCULLA / ES

WOS SHOWCASE X JÄGERMUSIC

Chámase Izaskun, pero todo o mundo coñécea como RRUCCULLA. Ten 23 anos. Fai música electrónica experimental e toca a batería cunha precisión e un talento que a cabeza se che enche de nomes: desde Tortoise a Battles pasando Four Tet e Flying Lotus, con parada no jazz de vangarda, o dubstep e o hip hop. En apenas tres anos gravouse, mesturou, produciu e autoeditou seis discos e EPs dende seu agocho en Barakaldo onde non para de escribir material e probar cousas que só están ao alcance dos artistas chamados a cambiar as regras do xogo para sempre. O ano pasado quedamos co mel nos beizos cando tivo que cancelar a súa visita a WOS Festival x SON Estrela Galicia, e este ano esperámola co dobre de ganas.

Entrevista elpais.com | Entrevista TiuMag Premiere ‘Diente de leche’ thelineofbestfit.com

Soundcloud | Bandcamp | Instagram | Twitter | Facebook

☰ XOVES 13 | 23:00 | FUNDACIÓN SGAE ☰