RON MORELLI


RON MORELLI / USA

WOS CLUBBING X RED BULL MUSIC

É difícil esaxerar a influencia de Ron Morelli no mundo da música electrónica contemporánea nos últimos dez anos. Como capo do selo L.I.E.S., como DJ e como produtor, “sen querer”, nas súas propias palabras, sacudiu o panorama cunha estética sonora emerxida dun pequeno grupo moi unido da escena local de Nova York. Hoxe en día Morelli é recoñecido a nivel mundial como a peza central desta nova onda, e sempre en permanente evolución, continúa confundindo as expectativas despositadas sobre el con cada novo movemento.  Morelli xoga en todos os ámbitos, coa mesma habilidade para penetrar nos mundos do  techno, house ou mesmo disco, dependendo das circunstancias. Como produtor asinou numerosos EP e tres álbums en Hospital Productions que demostran a amplitude, diversidade e profundidade de miras dos seus enfoques.

SoundcloudFacebookTwitter

☰ VENRES 14 | 04:00 | SALA MALATESTA ☰