fbpx

RENICK BELL



RENICK BELL / USA / JP

Renick Bell, residente en Tokio desde fai case quince anos, é un dos membros máis destacados do movemento algorave, que improvisa música xerada algorítmicamente mediante a codificación en vivo con software de código aberto escrito por el mesmo. Cada actuación é nova e única, nunca antes escoitada, nin sequera polo propio Bell, e a súa programación en vivo é proxectada para que a audiencia poida vela.

Bell, doutorado na Universidade de Tokio e profesor na universidade xaponesa, colga a miúdo o cartel de entradas esgotadas en lugares como Londres ou Moscú, e foi seleccionado por Aphex Twin para comisariar a súa festa The Warehouse Project, que terá lugar en Manchester o 20 de setembro de 2019.

En 2018 Bell publicou dous discos, ‘Wary’ no selo Halcyon Veil e ‘Turning Points’ en Seagrave Records. Este último foi clasificado entre os mellores álbums do ano por numerosos medios, como FACT Magazine, a revista Dazed ou o propio Bandcamp.

Soundcloud Youtube Instagram Twitter quantumnatives.comthe3rd2nd.com

Factmag: Best albums of 2018