fbpx

POLÍTICAS DE CLUBBING


POLÍTICAS DE CLUBBING: INCLUSIVIDADE, CLUBS NÓMADES E CONFRONTACIÓN DO NOVO ELITISMO

Un debate sobre como está a cambiar a nosa imaxe de “clube” ou “espazo clube” a nivel internacional coa aparición de entidades como JANUS, GHE20G0TH1K, etc: festas nómades onde o baile concíbese doutra forma igual de liberadora, pero máis en consonancia cos tempos que corren. Festas inclusivas ao 100% que loitan por non parecer elitistas pero que xeran as súas propias esferas da mesma forma, sen centrarse unicamente nun único espírito ou estilo musical como referente.

Modera:

Mónica Franco (AKA Topanga Kiddo) é dealer e digger musical desde que funciona a súa memoria. O seu apego pola electrónica, a música negra e a world music apréciase desde os seus principios en diferentes medios (Ràdio 4, Rocket Magazine, CaraB Mag, PlayGround Mag, GoMag, Beatburguer…). Comparte o momentum nacional electrónico cos membros de Brrrrrap, colectivo ao que se unirá en 2012 e co que leva sete anos tratando de atopar os sons das pistas de baile do futuro.

Participan:

Elena Colombi. Nada en Italia e criada por unha familia pouco convencional, mudouse a Londres fai máis dunha década e comezou a organizar unha serie de festas que lle gañaron un nome na escena underground. Actualmente respectada DJ e locutora na emisora NTS, o estilo musical de Elena emprega unha ampla gama de influencias e inspiracións. Allea ás tendencias, Colombi abraza os mellores elementos do pasado e o futuro, prestando especial atención aos artistas descoñecidos.

Bendik Giske é un artista e saxofonista queer que usa a corporalidade, a vulnerabilidade e a resistencia como as súas ferramentas de expresión. En outubro de 2018 publicou o seu primeiro EP, ‘Adjust’ con remixes de Total Freedom, Lotic, Rezzett e Deathprod. O seu álbum debut, ‘Surrender’, foi lanzado en Smalltown Supersound en xaneiro de 2019. Este debut conduce aos oíntes por unha verdadeira viaxe a través da euforia e a paixón das noites de Berlín, usando pouco máis que a súa voz, un saxofón e uns cuantos micrófonos coidadosamente situados. Mediante a respiración, aceiro e músculo, Giske está transmutando a súa experiencia club.

Jacob Maskell-Key (AKA Spooky- J) é un baterista de jazz e produtor musical con base en Kampala, UG e Amsterdam, NL. En 2017 viaxou xunto ao produtor Pete Jones a Kampala (Uganda). Xuntos compuxeron, ensaiaron e gravaron un conxunto de gravacións en vivo, inspiradas nos primeiros experimentos de club do Nilotika Cultural Ensemble. Ditas gravacións convertéronse no primeiro EP do selo discográfico Nyege Nyege, rama do que é considerado o festival de música máis importante de África Oriental. Os seus fundadores, Derek Debru e Arlen Dilsizian, forman parte dun colectivo artístico para difundir o emocionante desenvolvemento da escena de África Oriental mediante unha axencia de management e as lendarias festas Boutiq Electroniq.

 

[ VENRES 13 | 16:00 | SEDE AFUNDACIÓN ]