PAUL JEBANASAM & TARIK BARRI: CONTINUUM


PAUL JEBANASAM  & TARIK BARRI: CONTINUUM / LKA NLD

LIVE A/V

‘Continuum’ é considerado como un dos traballos máis emblemáticos do artista e experimentador sonoro Paul Jebanasam. Nacido en Sri Lanka, Jebanasam é considerado como un dos grandes nomes a escala internacional na experimentación electrónica, e co-dirixe, xunto a James Ginzburg e Roly Porter, o selo Subtext. En Continuum, o autor explora “a vida, o poder e a enerxía presentes no universo” a través dunha combinación inclasificable de ambient, metal, noise, música clásica contemporánea, música sacra, e composición moderna. O resultado é unha obra impresionante, desbordante de reverencia, extasis e caos, na que as composicións expresan a complexidade dos acontecementos celestes ou o comportamento celular.

Acompañándolle, o artista visual Tarik Barri proporciona en Continuum unha xanela a un universo no que complexas formas emerxen, interactuan e colapsan. A performance require unha escoita profunda, nun espectáculo que mergulla e desorienta, e no que o son e a luz arrástrannos desde unha afastada punta do vasto universo ata o noso pequeno recuncho. Resident Advisor publicou acerca da peza: “Non sabía que ía ver, e saín sen palabras – o mapping visual de Barri e a liña do tempo sónica primigenia de Jebanasam forman un conxunto máis fermoso do que me atrevo a transformar en palabras”.

Nacido en Holanda pero criado en Arabia Saudita, Tarik Barri é un dos artistas máis solicitados e celebrados do actual panorama electrónico. Os seus proxectos en solitario e as súas impactantes visuais en directo para Radiohead, Thom Yorke, Monolake ou Nicolas Jaar foron recibidas pola crítica con rendido entusiasmo. Formado en deseño acústico e programación, o artista investiga como as tecnoloxías para facer música puden ser aplicadas á creación de imaxes en movemento, usando ferramentas como Max/MSP, Java ou Supercollider para desenvolver o seu propio software, e buscando novas sinérgias e estéticas na combinación de imaxe e son. Os seu vídeos, obras audiovisuais en directo e instalacións foron presentados en certames como o Ars Electronica, Club Transmediale, Berlin Atonal ou MIT Media Lab.

‘Continuum’ en Hipersónica | ‘Continuum’ in Factmag | ‘Continuum’ in Resident Advisor

Paul Jebanasam
Website | Bandcamp | Spotify | Facebook | Twitter | Instagram

Tarik Barri
Website | Vimeo | Facebook | Twitter | Instagram

 

Portas abertas 20 minutos antes do comenzo do espectáculo. Sen reserva de asento. Entrada por orde de chegada ata completar capacidade.

☰ SÁBADO 15 | 20:00 | TEATRO PRINCIPAL ☰