ODDISEE



ODDISEE / USA

Os fans fieis de Oddisee levan máis dunha década seguindo os seus pasos a través das súas dúas ducias de lanzamentos, incluíndo os 11 álbums de estudo e 10 mixtapes, que o MC puxo na rúa baixo o seu nome en solitario desde 2005. O artista, de pai sudanés, aborda na súa música as súas experiencias como musulmán, afroamericano e biracial, destapando o racismo, a islamofobia e o nativismo, o que lle gañou ser valorado como unha das perspectivas máis perspicaces e necesarias do rap underground. Gran parte do seu traballo lírico é un fiel reflexo da máxima de que o hip-hop serve de voz para os que non teñen voz. Como el mesmo explica, as súas primeiras influencias contaban nas súas filas a MCs da Costa Este como Eric B. & Rakim, De La Soul ou A Tribe Called Quest, raperos que non falan sobre drogas nin asasinatos. O seu último álbum, ‘The Iceberg’ (Mello Music Group, 2017) é unha chamada aos seus oíntes para profundar en temas como raza, política, riqueza e relixión, ofrecendo unha xanela ao pensamento crítico sobre individualidade e identidade. E todo iso envolto nun hip-hop bailable, divertido, e cargado de influencias jazz.

Ler máis: Time.com interview | Entrevista Tiumag.com

Website | Facebook | Twitter | Instagram | Soundcloud | Bandcamp

☰ SÁBADO 15 | 21:00 | FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL ☰