fbpx

NIHILOXICA



NIHILOXICA / UGA

Nihiloxica afunde as súas raíces na forza da antiga tradición de percusión do reino de Buganda e vértea na pista de baile a través dunha lente escura e unha sensibilidade tecnolóxica contemporánea. Todo comezou co Nilotika Cultural Ensemble, un combo bugandés que proporcionaba unha saída para os mozos de Kampala, transmitíndolles prácticas espirituais e musicais a comunidades desfavorecidas da cidade. O Ensemble comezou a actuar nunhas noites da florecente escena electrónica de Kampala chamadas Boutiq Electroniq, no embrionario Club Nyege. Os Djs do picaban pistas electrónicas e Nilotika improvisaban en directo. En 2017, Spooky-J, un batería de jazz e produtor, e Pq, un enxeñeiro de son e músico, foron a Kampala para escribir, ensaiar e gravar un conxunto de directos que se converterían no EP debut do grupo, Nihiloxica, publicado con rotundo éxito de crítica por Nyege Nyege Tapes.

Mentres que a música de Uganda a miúdo transita polo lado máis feliz da vida, Nihiloxica invoca os tambores de Buganda, envíaos ao inframundo e devólvenolos nun proxecto en vivo deseñado para alcanzar o estado de transo creado por grupos de percusión indíxenas e fusionalo coa música do club europea deseñada para alcanzar exactamente os mesmos obxectivos.

Website Soundcloud Facebook Bandcamp Youtube Instagram

Tiumag