fbpx

MARGARIDA MARIÑO



MARGARIDA MARIÑO / ES

Nada en Vigo e licenciada no Conservatorio Liceo de Barcelona, a traxectoria de Margarida Mariño exténdese por agrupacións coma a Orquestra Sinfónica Vigo 430 (OSV430), a Orquestra Ressonnance (Suiza), ou La Vía del Concerti (Italia) entre outras. A súa exploración dos límites sonoros e estéticos do violoncello lévana a experimentar con xéneros onde o seu instrumento non é tan común, coma o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, a música espontánea, ou participar en colectivos de improvisación libre. A súa proposta en solitario presenta un repertorio orixinal para cello e pedais de efectos e loops cos que logra crear únicas e sorprendentes texturas e complexas orquestacións que dan lugar a un estilo moi personal no que xéneros tan aparentemente diverxentes coma o postrock, o triphop ou a música clásica vibran cunha soa voz.

Website | FacebookInstagramSoundCloudYouTube

[ XOVES 12 | 22:45 | SGAE – ROOM 1 ]
WOS SHOWCASE X JÄGERMUSIC