LUCY RAILTON


LUCY RAILTON / UK

Lucy Railton é unha prolífica chelista e compositora cuxo nome pode atoparse en incontables gravacións e colaboracións con diversas figuras da música contemporánea. Os seus longos anos de estudo e dedicación equipárona con técnicas e capacidades inmellorables para poñer a proba e explorar os límites da composición e a interpretación co seu instrumento. “Paradise94” (Modern Love, 2018), o seu album de debut, inclúe gravacións tanto de estudo como directos e gravacións de arquivo nunha sucesión de contraposicións dialécticas (acústico vs. electrónico, real vs. imaxinario, icónico vs. iconoclasta) que se arroupan nunha visceral introspección emocional e unha extraordinaria capacidade narrativa. Combinando filigranas e colaxe autobiográfico con glissandi de cello, o seu traballo afúndese e reloce nunha bruma experimental, alternando entre o caos acústico e momentos de lucidez. A inmediatez da súa música, imposible de definir ou reducir a etiquetas, sacode ao oínte á primeira escoita. Railton é, ademais,fundadora e co-directora do London Contemporary Music Festival (LCMF).

Website | Soundcloud | Twitter | Instagram

Foto: Rebecca Salvadori

 

PRIMEIRA VEZ EN ESPAÑA

☰ SÁBADO 15 | 21:00 | IGREXA DA UNIVERSIDADE ☰