LAUREL HALO



LAUREL HALO / USA

WOS CLUBBING X RED BULL MUSIC

Variantes mutiladas de música electrónica con influencia dos sons de Detroit, Reino Unido e Alemaña: a música de Laurel Halo é cambiante, melancólica e extática. A artista é un dos alicerces do selo londiniense Hyperdub, que lanzou o seu primeiro álbum, Quarantine, en 2012. O álbum recibiu a aclamación da crítica e foi nomeado disco do ano da revista Wire. Desde entón, virou de maneira intensiva e lanzou tres álbums máis: Chance of Rain (Hyperdub, 2013), In situ (Honest Jon’ s, 2015) e Dust (Hyperdub, 2017), celebrado por medios como The Guardian e Resident Advisor. Colaborou con artistas como John Cale, Julia Holter, David Borden, Daniel Wohl ou Metahaven, entre outros. Halo tamén compuxo a banda sonora de Still Be Here, unha comisión cinematográfica de Transmediale / CTM protagonizada pola estrela de pop virtual xaponesa Hatsune Miku, que debutou na Haus der Kulturen der Welt de Berlín, e exhibiuse recentemente no Barbican Hall de Londres. Acaba de publicar o seu novo traballo, o EP Raw Silk Uncut Wood (Latency, 13 xullo 2018).

Website | Soundcloud | Facebook | Twitter | Instagram | Spotify

☰ VENRES 14 | 02:30 | SALA MALATESTA ☰