fbpx

LAFAWNDAH



LAFAWNDAH

Lafawndah gañouse unha reputación grazas a unha creatividade que rompe os límites establecidos e desafía calquera etiqueta. Tras dous aclamados EPs, o seu álbum debut “ Ancestor Boy” é unha arriscada declaración de intencións construída sobre un variado mapa de influencias que se resiste á categorizacións e á análise fácil. Na súa música atopamos ritmos dramáticos e poderosos, que combinan o club e a canción popular nunha misteriosa erótica ultramoderna. Deseñado coa axuda dos seus compañeiros de viaxe Nick Weiss, Aaron David Ross e L-Vis 1990 (e con aparicións de Gaika, Kelsey Lu, Bonnie Banane, Julie Byrne e o inimitable Jon Hassell), o maximalismo de “Ancestor Boy” é un desbordamento de detalles, de sentimentos e de ideas que se gañou o favor de publicacións como The Quietus, Wire ou Resident Advisor.

Website Facebook Twitter Bandcamp Soundcloud Resident AdvisorSpotify Youtube