KREIDLER



KREIDLER / DE

Era marzo de 1994 cando catro amigos de Düsseldorf, habituais dos circuítos locais de poesía e activismo político, procedentes doutras bandas e experiencias artísticas previas, formaron Kreidler. Considerándose a si mesmos non só un grupo musical, senón un colectivo que fluctúa entre as diversas disciplinas artísticas, os de Düsseldorf acompañaron á súa música desde o principio da súa carreira de diversas obras visuais e instalacións que, xunto á influencia dos seus precedentes (Kraftwerk, NEU!), e a súa combinación de instrumentos electrónicos e analóxicos, gañoulles ao longo dos 90 e 2000 o favor do público, a crítica, e un posto de honra na historia da música alemá de vangarda. Con máis de 20 anos ás súas costas, en plena madurez creativa, os catro de Düsseldorf tiñan un novo disco gravado en Mexico preparado para lanzar cando, en xaneiro de 2017, Donald Trump gañou as eleccións de Estados Unidos. A banda paralizou o lanzamento, reuniuse inmediatamente, e gravou nun só día un novo disco, cru, directo, brutalista, conformado por ritmos ásperos e sen apenas arranxos. Este último traballo, lanzado en tan só tres meses, transmite inmediatez, alarma, disposición para a acción. Escribe sen palabras, febrilmente, un novo manifesto tras outro, sen darse tempo para dubidar. O estado de ánimo apocalíptico que transmiten Kreidler en “European Song”, a súa referencia número 27, comina á resistencia con electrónica descarnada e a súa idiosincrática e inclasificable mestura de xéneros.

Website | Facebook | Twitter | Instagram | Soundcloud | Spotify

☰ VENRES 14 | 23:00 | SALA CAPITOL ☰