fbpx

KODE9



KODE9 / UK

Orixinario de Glasgow, pero residente en Londres, Steve Goodman comezou a discográfica Hyperdub en 2004, famosa por albergar artistas como Burial, Laurel Halo, Le Gamble ou Dean Blunt entre moitos outros. Gravou dous álbums propios co vocalista The Spaceape – “Memories of Future” (2006) e “Black Sun” (2010) – e un álbum en solitario, “Nothing” (2015). Ademais, publicou pistas na disqueira Rephlex de Aphex Twin, e remezclado para Lee Scratch Perry, Junior Boys ou Battles para Warp.

Como DJ, Kode9 fai vibrar cousas coas que outros DJs só poden soñar. As súas primeiras sesións e programas de radio axudaron a difundir o son do sur de Londres a nivel internacional na década de 2000, e os seus sets tecen hoxe en día impredicibles mesturas con graves pesados que beben musicalmente de campos moi afastados. Actualmente dirixe as noites de club mensuais Ø en Corsica Studios no sur de Londres.

Kode9: WebsiteSoundcloud
Hyperdub: FacebookTwitter

[ SÁBADO 14 | 03:30 | CAPITOL ]