fbpx

HELM & TATSUYA FUJIMOTO



HELM & TATSUYA FUJIMOTO / UK / JP

Helm (Luke Younger) é considerado unha voz crucial na música experimental contemporánea. Cunha paleta baseada na electrónica no seu sentido máis amplo, o traballo de Helm está marcado polas emocionantes incógnitas da exploración no son, e ao tempo equipado cunha actitude temeraria. As composicións de Younger constrúen densas paisaxes auditivas que incorporan elementos de música concreta e música industrial xunto a drons alucinantes e diversos fenómenos acústicos. O resultado é unha música eufórica e impulsada por unha narrativa, pero con características desasosegantes. Helm dirixe o selo Alter, aínda que gran parte do seu traballo apareceu na venerada discográfica PAN, e é DJ residente en NTS Radio onde presenta o seu programa ” After Dark” desde 2016. Estará en WOS presenando o seu novo disco ” Chemical Flowers” (PAN, maio de 2019), por primeira vez con visuais en vivo de Tatsuya Fujimoto.

Tatsuya Fujimoto é un artista visual xaponés cuxo traballo busca xerar incomodidade expresando o rexeitamento a un sentido universal a través de microscopios e tomas macro. O seu punto de vista único convídache a vivir o seu mundo extraordinario, evocando sensacións de ser tragados pola natureza. Colaborou entre outros con Ryo Murakami, Constantine e Ben Chatwin e participou en festivais como Berlin Atonal, Venice Biannale ou Mutek Jp. O traballo de Fujimoto matiza a percepción do normal e o repugnante desde unha perspectiva moi persoal.

Helm: Facebook Bandcamp

Tatsuya Fujimoto: Website | Instagram Facebook | Twitter | Vimeo