GROUP A


GROUP A / JP

As xaponesas Tommi Tokyo e Sayaka Botanic forman desde 2012 un dúo de electronica experimental cun importante compoñente performativo. As súas impactantes actuacións, nas que ocasionalmente introducen elementos como intensas lecturas de poesía, pasaxes de noise ou pintura en vivo, conforman unha parte substancial da súa obra e unha experiencia fóra do común. No seu disco do ano pasado para Mannequin Records, ‘12” EP’ (2017), articulan a partir de impulsos electrónicos, ruído e palabras as súas reaccións sonoras e artísticas cara ao “o capitalismo feroz, as noticias e a política”. Influenciadas polo colectivo artístico de vangarda xaponesa dos 60 Hi-Red Centre, e con ecos a Throbbing Gristle ou Cabaret Voltaire, o dúo colleita ao seu paso admiración e respecto, compartindo escenarios con Merzbow, Nisennenmondai ou Melt Banana. As súas performances en directo requiren deixar ao carón prexuízos e expectativas e entregarse ao imprevisible e a improvisación. Estarán en WOS Festival x SON Estrella Galicia presentando o seu recén publicado ‘Circulation’ (Kashual Plastik, agosto 2018).

Website | Soundcloud | Bandcamp | Facebook | Instagram | Youtube

Foto: Billa Baldwin

☰ VENRES 14 | 00:10 | SALA CAPITOL ☰