GIANT SWAN


GIANT SWAN / UK

Giant Swan é unha criatura formada por Robin Stewart e Harry Wright. Mediante unha mesa cuberta de máquinas e pedais, algunha guitarra ocasional, e un uso liberal da manipulación da voz, Giant Swan crea un monstro híbrido de graves hipnóticos, percusión industrial e unha perturbadora enerxía transmitida con poderes practicamente telepáticos. Membros do colectivo Howling Owl de Bristol, o seu aclamado ‘Earn’ (FuckPunk, 2016) confirmounos como unha das propostas electrónicas máis emocionantes dos últimos anos, ao que seguiu un EP en 2017 en Timedance e actuacións memorables en Villette Sonique, Berghain ou Unsound. En cada un dos seus directos o dúo dá a luz un vórtice en carne viva que se estremece entre diversos movementos sónicos aos que o seu traballo á vez nega e revitaliza, destruíndo a súa propia retorta visión do techno.

Facebook | Soundcloud | Instagram | Twitter | Spotify

☰ SÁBADO 15 | 00:15 | SALA CAPITOL ☰