GÁBOR LÁZÁR


GÁBOR LÁZÁR – UNFOLD / HU

WOS CLUBBING X RED BULL MUSIC

LIVE A/V

Gábor Lázár é un artista sonoro húngaro formado academicamente en artes visuais e composición musical. Os seus primeiros traballos remóntanse a 2013, xunto a Russell Haswell, ao que seguiu pouco despois un album na disqueira de Lorenzo Senni, Presto!?, e outro na filial de Boomkat The Death Of Rave, que lle gañou figurar en varias listas do mellor do ano. Tras iniciar diversas liñas de colaboración con Mark Fell, publicou o dobre LP ‘ The Neurobiology Of Moral Decision Making’, que de novo colocouse nas listas os mellores discos e artistas revelación para medios como Rolling Stone ou Resident Advisor. Gábor Lázár tocou na emisora NTS máis de tres decenas de veces desde a súa primeira aparición en 2015, realizou residencias e instalacións en diversos museos de arte contemporánea e festivais, e as súas pistas son pinchadadas reiteradamente por xenios como Aphex Twin, no que The Quietus considerou como un dos grandes momentos do seu set. A súa música foi descrita como “gloriosa e jodidamente funky” por The Guardian, e Secret Thirteen ditaminou que “oscilando entre o academicismo extremo e certo tipo de barbarie musical, Gábor está a construír un futuro da música electrónica”. En maio de 2018 Gábor publicou ‘ Unfold’, unha expedición aos confíns do 2-step e dub techno, con pistas capaces de voar cabezas tanto no club como nos teus auriculares, que lle consagra como unha das voces protagonistas da música electrónica de vanguardia da actualidade.

Website | Soundcloud | Spotify | Facebook | Twitter | Instagram

 

PRESENTANDO ‘UNFOLD’ POR PRIMEIRA VEZ EN ESPAÑA

☰ SÁBADO 15 | 01:30 | SALA MALATESTA ☰