FUTURO_PRESENTE: REDEFINIR OS NOSOS MODELOS


FUTURO_PRESENTE: REDEFINIR OS NOSOS MODELOS

A situación actual ha deixado ó descuberto cuestións endémicas que levan décadas afectando as artes e a cultura: a imposibilidade de ser independente no mundo do capitalismo de plataformas e a escravitude dos contidos, a propiedade intelectual e os marcadores de audiencia. Unha industria musical interdependiente é posible? Podemos imaxinar un contexto de cooperación mútua e transparencia que nos leve a alcanzar novos paradigmas de retribución na industria? Nesta charla exploraremos os futuros presentes en canto á organización e xestión dos activos culturais e artísticos: novos protocolos, novos modelos baseados en novas tecnoloxías dixitais e realidades que hoxe preocupan moito máis á industria musical. É o streaming un sustitutivo viable para un artista? Como cambiará a situación actual nosa vivencia dunha experiencia en directo? Albiscamos novas realidades na autocapitalización de contidos por parte dos artistas á marxe dos antigos selos discográficos?

 

Participan:

María Baqueiro é Responsable de Sustentabilidade do Festival SINSAL SON Estrella Galicia, un punto na súa carreira profesional ao cal chegou unindo as súas dúas facetas principais: a de enxeñeira de minas e a de artista. Como Enxeñeira, asesorou e colabora con empresas moi diversas dos sectores industrial e servizos nos ámbitos enerxético, de xestión da auga, da xestión de residuos ou da economía circular entre outros. Participou en diversos proxectos de I+D+i no ámbito do aforro e a eficiencia enerxética e actualmente imparte clases como profesora asociada nas Escolas de Enxeñería Industrial e de Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo.

Cora Novoa é compositora, dj e directora creativa / fundadora de SEEKING THE VELVET (unha discográfica independente de música electrónica e pop-experimental que traballa expandindo a súa visión artística abarcando campos como a arte, a música ou o deseño). Leva traballando na industria musical desde hai máis de dez anos en tres diferentes áreas: técnica, comercial e creativa.
Desde hai seis anos está centrada na súa carreira artística combinada coas súas outras facetas profesionais como Ableton Official Trainer, comisaria de contido musical, impartindo masterclasses ou como colaboradora no programa El Laberinto de Radio3.

Sarah Rasines é unha artista sonora que compaxinou a creación artística coa investigación académica en diferentes centros e a xestión cultural na súa Burgos natal. En 2018, Rasines crea o selo Crystal Mine para promover o intercambio de música baixo a filosofía do #anticopyright. Esta discográfica independente está destinada a sacar música en cassette, principalmente, reforzando aqueles proxectos frescos e arriscados baseados na experimentación. En 2019 presenta Crystal Mine Radio para Radio Relativa, un programa con periodicidade bimensual no que se exploran as últimas tendencias e os intereses da discográfica a través de diferentes formatos.

Arnau Sabaté: de vocación autodidacta e inspirado nos seus inicios pola filosofía DIY, Arnau foi evolucionando e pasando por distintas etapas e posicións da industria musical. De promotor independente a experto e consultor en marcas. Actualmente compaxina a súa posición como booker para o Primavera Sound coa de consultor en márqueting para Discogs a nivel estatal e Sync Manager para o catálogo de Guerssen. Paralelamente ten dous proxectos radiofónicos, Radio Flea (RPS) e Onda Clamato, o seu programa mensual en Dublab.es, grazas aos cales sacia o seu amor pola música coa vocación romántica de compartir coñecementos ao redor dos discos, a súa gran debilidade.

 

Moderan:

Marta Gómez y Frankie Pizá

[ SÁBADO 19 | 16:30 | AUDITORIO CINC ]

Tags