FUTURO_PRESENTE: REDEFINIR AS NOSAS COMUNIDADES


FUTURO_PRESENTE: REDEFINIR AS NOSAS COMUNIDADES

Nestes momentos a moi usada “nostalxia clube” gaña unha importancia cada vez maior: o que antes do COVID-19 era un recurso para distorsionar a realidade converteuse na realidade mesma. Como imos organizarnos no futuro? E por tanto, como viviremos a experiencia clube a partir desas organizacións e comunidades? E non só iso: como se xestarán as novas escenas musicais no mundo físico e dixital? Nesta charla queremos analizar o futuro presente dos colectivos a nivel global, físico e virtual, para así albiscar como se deseñarán as nosas comunidades. Guerras culturais online que usan a memética como armamento bélico dixital, colectivos descentralizados que teñen o seu fogar en realidades de videoxogos, grupos privados en aplicacións como Discord que actúan como think tanks modernos. Imos observar como nosa maneira de organizarnos está a redeseñar o futuro nestes precisos instantes.

 

Participan:

Silvia Bianchi: licenciada en Semiótica, dedícase á creación e comunicación de proxectos propios e por encargo relacionados con arte, música e diseño desde 2006. Nos últimos anos traballou asesorando a artistas protagonistas do panorama nacional como Gata Cattana, C. Tangana, La Zowi ou Delaporte e actualmente colabora con Sticky MA e Flaca. É profesora nas escolas de Deseño Industrial, Visual e Moda do Istituto Europeo di Design de Madrid e co-creadora do proxecto BAM BAM de La Casa Encendida, unha plataforma para a formación e promoción de novos artistas emerxentes. É co-fundadora da axencia Sangre.

Alex Nikolov: fundador de Loom Festival, un proxecto independente de arte interdisciplinaria, que combina artes escénicas, instalacións audiovisuais, actos musicais, tecnoloxía, arte dixital e xornadas educativas nun circuíto interactivo, que coloca ás obras artísticas e o público nun mesmo nivel. Cada edición de Loom Festival centra a súa curaduría artística nunha temática concreta, creando espazos de pensamento crítico sobre a actualidade. Alex combina os seus labores en Loom Festival co seu traballo para Primavera Sound e como programador/director artístico do espazo Abaixadors10. 

¥€$Se Perse é un traxe de ficción – unha interface hipersticional que permite aos seus usuarios entrar en narrativas alternativas. Actúa como punto de fuga da realidade e como unha forma de comunicación con ela. A obra actual de ¥€$Se vira ao redor da mutación da

performance artística institucional con variacións meméticas que veñen desde formalizacións populares como os contextos de festa (usando o DJ Set como formato), convencións de cosplay / larp (rol en vivo) e comunidades online. Ademais, son fundadoras de NeuroDungeon xunto a Kaverna e Bartolomé, cuxas primeiras accións foron as raves virtuais NeuroXcape (Club Cooee) e Nu:cenosis (IMVU).

Paula Pin: artista, investigadora e facilitadora transfeminista cunha forte inclinación cara a procesos de investigación e experimentación colectiva con tecnoloxías abertas e libres. Os seus traballos emerxen da tradición científica, a investigación e a experimentación, mesturando e vinculando campos diferentes que van desde o debuxo ou o videoarte pasando polo “circuit bending”, pero sempre facendo fincapé na intersección entre ciencia, bioloxía e arte queer. Biotranslab é o seu último proxecto: un laboratorio móbil para a investigación e autoexploración xinecolóxica cuxos elementos open source están ao alcance de calquera. 

 

Moderan:

Marta Gómez y Frankie Pizá

[ SÁBADO 19 | 17:45 | AUDITORIO CINC ]

Tags