FLOWDAN



FLOWDAN / UK

Cunha carreira que se estende ao longo de dúas décadas, Flowdan é unha figura de referencia na música urbana británica. Hoxe convertido en figura de culto, o MC de East London saltou á fama co colectivo Pay As YouGo para posteriormente fundar a crew seminal Roll Deep. Con lanzamentos en Metalheadz, Hyperdub e o seu álbum debut en Tru Thoughts, Flowdan é a viva encarnación do old- school no grime, con raíces que se afunden ata os seus mismísimos inicios. A inconfundible e potente voz do MC pode ser recoñecida en decenas de publicacións e colaboracións. Cunha valiosa experiencia sobre os seus ombreiros, actualmente está centrado na súa propia marca, Spentshell, desde a que xestiona e publica referencias da realeza do grime dos nosos días.

Facebook | Twitter | Soundcloud Bandcamp | Spotify

☰ SÁBADO 15 | 22:00 | SALA CAPITOL ☰