fbpx

ENCONTRO CON RENICK BELL


ENCONTRO CON RENICK BELL

Adaptar a fisonomía esencial das raves á linguaxe operacional da música xerada por computador, ou usar puredata, Max/MSP, SuperCollider, Impromptu e outros softwares de código libre para dirixir a un novo nivel un concepto estritamente ligado ao hedonismo e á éxtase, as festas ilegais e a súa estetización, segue un camiño que se topa directamente cos algoritmos e a toma de decisións computacional. Renick Bell, programador e músico asentado en Tokio leva máis dunha década de investigación na que música electrónica e intelixencia artificial conversan entre si. As denominadas “algoraves” levan xa varios anos fomentando un novo sistema edificado sobre o live-coding e a interacción entre público e machine-learning. O autor mostraranos as entrañas do seu set up, dará unha introdución ao seu modo de pensamento e presentará as ferramentas fundamentais para familiarizarnos con estas festas asistidas por IA. A súa experiencia servirá de inmersión nun mundo coñecido desde un enfoque totalmente futurista.

Modera:

Cristina Checa é enxeñeira e artista, traballa na intersección de distintas disciplinas: música, tecnoloxía, creación. Actualmente é directora de proxectos en SokoTech, un laboratorio de innovación social especializado en arte, ciencia e tecnoloxía. É tamén membro do grupo musical de pop electrónico vangardista Desert, con quen, ademais de producir os seus temas, compón bandas sonoras, pezas para audiovisual e colaboran en distintas iniciativas dentro do campo da tecnoloxía musical: iniciación ao live coding, demostracións de intelixencia artificial con Google Magenta, entre outros.

 

[ XOVES 12 | 17:45 | CIDADE DA CULTURA ]