fbpx

ELI KESZLER



ELI KESZLER / USA

Todo o traballo de Eli Keszler xira en torno ao espazo. O baterista e compositor afincado en Nova York lida continuamente coa interacción entre o son e a contorna, conseguindo transformar a través das súas actuacións, gravacións e instalacións os espazos físicos e virtuais. A interpretación de Keszler é imaxinativa, e as súas pezas transmiten un espectro de dinámicas emocionais que van desde o épico ata o íntimo. Músico de inspiración políglota, Keszler toma apuntamentos de case todo o que lle rodea: debuxos, edificios, outros bateristas, rocas, máquinas.

Ademais das súas actuacións e instalacións, tocou cumpridamente como solista e en colaboración con artistas como Ashley Paul, C. Spencer Yeh, Loren Connors ou a Orquestra Sinfónica de Islandia, e publicou gravacións con disqueiras como PAN de Berlín, Burlington, NNA Tapes de Vermont, ou a súa propia editora REL.

Website | Facebook | Instagram | Twitter

[ VENRES 13 | 19:00 | FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL ]