fbpx

ELENA COLOMBI B2B OLIVIA



ELENA COLOMBI B2B OLIVIA / IT / UK / PL

Nada en Italia e criada por unha familia pouco convencional, Elena Colombi mudouse a Londres fai máis dunha década e comezou a organizar unha serie de festas que lle gañaron un nome na escena underground. Actualmente respectada DJ e locutora na emisora NTS, o estilo musical de Elena emprega unha ampla gama de influencias e inspiracións. Allea ás tendencias, Colombi abraza os mellores elementos do pasado e o futuro, prestando especial atención aos artistas descoñecidos. Ritmos industriais, techno, atmosferas ambientais, sons sintéticos, disco, affairs baleáricos, proto- house e máis: todo vale e está perfectamente equilibrado nos seus sets dinámicos, xa sexa na radio, no club ou na súa propia colección de diversas pero coherentes mesturas.

DJ residente de Unsound, Olivia foi unha das figuras crave da escena club de Cracovia durante os últimos 14 anos. Durante este tempo a súa reputación non parou de crecer grazas á súa idiosincrática selección de pistas e as súas excelentes habilidades técnicas. A través dun techno cru e escuro, a simplicidade do electro e a calidez do house, os seus sets brillan con orixinalidade e un inquebrantable son. Olivia inspírase tanto na música como no mundo que a rodea, desde o techno de Detroit, pasando polo son holandés, ebm, industrial, cold wave, acid, electro, synth e house, ata as imaxes e ideais da ciencia ficción e o progreso tecnolóxico. A infinidade do espazo exterior, as promesas incumpridas robots futuristas e os misterios inexplicables dos fenómenos paranormales dan pistas sobre a súa procura e enfoque musical.

ELENA COLOMBI: Instagram Facebook Twitter Soundcloud Nts

OLIVIA: Facebook | Soundcloud | Instagram