fbpx

DREW MCDOWALL & FLORENCE TO: TIME MACHINES



DREW MCDOWALL & FLORENCE TO / UK / USA / GER

O artista electrónico Drew McDowall, actualmente residente en Brooklyn, naceu e creceu nunha área dos arredores de  Glasgow nunha época na que esta era unha das cidades máis perigosas do mundo. Durante a  tumultuosa década de 1980, McDowall incorporouse ás filas do colectivo Psychic TV, encabezado por Genesis P-Orridge, e comezou a colaborar co dúo de ocultismo arcano formado polo  excreador de Throbbing  Gristle Peter ‘Sleazy’ Christopherson e o enigmático John Balance, que estiveran creando baixo o nome de Coil música electrónica  esotérica e progresiva. McDowall pasou de colaborador ocasional a membro constituínte, causando un impacto inmediato e manifesto no son da banda, transformando o seu orixinario pop de vangarda nunha electrónica máis complexa e metódica.  McDowell xogou un papel decisivo na creación de Time Machines, unha das obras de drone máis influentes dos últimos 20 anos.

Florence To crea instalacións de son e luz que integran motion graphics xenerativos cun marcado enfoque no deseño arquitectónico específico de cada espazo. Inicialmente especializada en téxtiles e confección, To fusionou as súas habilidades coas tecnoloxías dixitais para desenvolver instalacións en espazos subterráneos e en desuso que buscan aproveitar os defectos como unha vantaxe. Traballar en contornas arquitectónicas dispares guiou o seu proceso de exploración dos desencadenamentos cognitivos e emocionais, e sobre a experiencia de diferentes arranxos sensoriais no espazo. Actualmente residente en Berlín, a artista emprega para as súas obras información relativa a vibracións que inclúen psicoacústica, investigación en neurociencia e métodos computerizados.

Ambos estarán presentando unha reinterpretación da obra referencial ‘Time Machines’.

DREW MCDOWALL: Facebook Instagram Bandcamp

FLORENCE TO: Web Instagram Facebook Twitter Vimeo

[ VENRES 13 | 20:00 | TEATRO PRINCIPAL ]