fbpx

DIGGIN’ OUR OWN CRATE


DIGGIN’ OUR OWN CRATE: APROPIACIONISMO CULTURAL, ÉTICA DO SAMPLING E COLECCIONISMO RESPONSABLE

O coleccionismo e o diggin’ transformouse nos últimos 10 anos coa entrada de factores dixitais que modernizaron a experiencia: o mercado de Discogs ou a venda online converteron o vinilo nun escenario conformado por pequenos nichos que se comunican entre si e comparten o fetichismo por encima da omnipresencia musical dos servizos de streaming. A cosificación do vinilo e das obras musicais ha creado unha burbulla e elite de selectores e tendas de discos que crece á marxe da realidade das bibliotecas de mp3 infinitas. Pero, que regras éticas debemos escoitar á hora de tratar esta práctica? Temos dereito a mercadear con patrimonio cultural doutros continentes? Existe un diggin’ moralmente sustentable e coherente? Un encontro que tratará non só a teoría do coleccionismo se non tamén as boas e malas praxes xeradas co alzamento da experiencia dixital.

Modera:

Frankie Pizá é mallorquino e ademais do seu currículo profesional é digger e coleccionista desde hai máis de 15 anos. Fundador de Concepto Radio, portal dixital que se converteu en pouco tempo nunha alternativa independente ao xornalismo musical no noso país, continuou con ese mesmo espírito comuncativo en TIUmag, e na actualidade exerce a dirección creativa en Primavera Sound, Vampire Studio e Abaixadors10, continuando coa investigación constante na intersección que conecta arte, comunicación e música. Nos últimos anos o seu interese centrouse na explotación dos recursos que dispoñemos de forma xenérica tanto nos nosos smartphones como en redes sociais como Instagram, trasladando a súa actividade a esa contorna e dando por obsoleto o formato web.

Participan:

David G. Balasch conta cunha ampla traxectoria como DJ ás súas costas. Responsable dun dos blogues de referencia sobre música de baile, Tower Of Meaning, colaborou con Red Bull Music Academy e Primavera Sound e atesoura unha envexable colección de vinilos. Desde 2017 é unha das cabezas pensantes de Passat Continu, o selo irmán de Modern Obscure Music que se dedica ás reedicións e á recuperación de pezas de artistas que quedaron esquecidos polo paso do tempo.

Javi Bayo é coleccionista de discos desde fai máis de vinte anos. Comezou a pinchar música negra a principios dos noventa e desde entón compartiu cabina con artistas como Danny Krivit, DJ Spinna, Flying Lotus ou Mark Pritchard, demostrando a súa versatilidade nunha interminable listaxe de festivais e salas, tanto aquí como no estranxeiro. Recentemente contribuíu a reivindicar o legado da escena jazzística española dos 60 e 70 mediante a antoloxía ‘Fetén (Rare Jazz Recordings From Spain 1961-1974)’, as reedicións do saxofonista Pedro Iturralde e dirixindo a serie de singles ‘Tabú’, sempre ao amparo do selo Vampisoul.

Pablo Electrocute. Zahorí de músicas ocultas e coleccionista compulsivo, elabora colaxes sonoras creando atmosferas que dan conta dos procesos de transformación emocional e espacial que xeran a música. Desde os seus inicios como co-fundador do Electrocute Zine a principios da década pasada, acuñando o concepto de “antiparty” e exercendo de mestre de cerimonias en audicións performáticas, as súas sesións como DJ caracterízanse pola súa obsesión polo vinilo como fonte de son, tomando forma de atrevidos soundscapes inspirados no ruidismo, o afterpunk e a música experimental.

Noelia Rodríguez é unha das comisarias musicais máis relevantes do noso país. Desde a plataforma DelicaListen, da que ademais é directora, ha comisariado concertos e proxectos audiovisuais para eventos como o MUTEK ou L.E.V. Ademais tamén programou o ciclo DNIT no Caixa Fórum de Barcelona traendo a artistas como Ben Frost, Tim Hecker ou Andy Stott. A todo isto hai que sumarlle o seu labor como coleccionista de vinilos, desde os 8 anos, e selectora, pasando con esta última faceta por, entre outros, o todopoderoso Burning Man en 2006.

 

[ SÁBADO 14 | 16:00 | CGAC – AUDITORIO ]