DEATH WHISTLE



DEATH WHISTLE / ES

WOS CLUBBING X RED BULL MUSIC

LIVE A/V

Víctor García é un deseñador sonoro, explorador, e compositor de longo percorrido cuxos pasos foron mutando ao longo dos anos ata cristalizar en 2017 no seu proxecto mais persoal ata a data: a contundente electrónica de Death Whistle. A súa carreira compositiva centrouse na última década na creación de bandas sonoras, tanto para videoxogos como para celebrados traballos  fílmicos como “Decorado”, ” Psiconautas, los niños olvidados” ou “Sangre de Unicornio”, pezas con dous Goyas entre outros múltiples galardóns e que lle valeron recoñecementos como a selección en Aubagne, festival especializado en compositores para o medio audiovisual.

Con Death Whistle, Víctor García traslada o aura potente e cinemática das súas obras ao escenario e á pista a través de paisaxes sonoras, ruidismo e punzantes melodías que envolven ao espectador nunha experiencia desarmante, inmersiva, subterránea, prófuga irresoluble entre o  onírico e o terreal. En apenas uns meses os seus impactantes directos gañáronlle unha vez e outra o favor dunha audiencia rendida. O seu inminente primeiro  EP verá a luz en setembro de 2018 baixo o selo de Fanzine Records.

WebsiteFacebook | Soundcloud

☰ VENRES 14 | 01:30 | SALA MALATESTA ☰