CV & JAB / BE
Christina Vantzou é unha artista de ascendencia grega que leva máis dunha década explorando o son e investigando en diversos formatos visuais. Publicou en Kranky Records catro discos con vertente fílmica que recibiron un unánime recoñecemento da crítica, tanto respecto ao audio como aos elementos visuais. Xunto a John Also Bennett, músico, compositor e enxeñeiro de son norteamericano, forma o dúo CV & JAB. Bennett utiliza principalmente sintetizadores e instrumentos acústicos como a frauta ou o piano, e ademais do seu traballo en solitario como compositor e intérprete é membro doutras formacións, coma Forma ou Seabat.
O dúo publicou en 2018 “ Thoughts of a Dot as It Travels a Surface” (Shelter Press), unha colección de vibracións, cordas abstractas e gravacións de campo unidas cunha lóxica alucinatoria que se move á perfección entre temas memorables e improvisación nebulosa. Pero tamén ten un transfondo concreto: Vantzou e Bennett basearon a súa obra nun debuxo mural de 90 metros de longo realizado polo artista plástico Zin Taylor.
Foto: Kai Eric Scwichtenberg
Ler máis: Entrevista en Noisey UK
PRIMEIRA VEZ EN ESPAÑA
☰ VENRES 14 | 21:00 | IGREXA DA UNIVERSIDADE ☰