CHRISTINA VANTZOU



CHRISTINA VANTZOU / USA

LIVE A/V

A matemática e artista Christina Vantzou leva máis dunha década explorando tanto a composición e o son como a expresión a través de diversos formatos visuais. Tras formar parte do dúo audiovisual The Dead Texan, a norteamericana publicou en Kranky Records catro discos titulados cunha numeración consecutiva compostos por unha combinación de paisaxes sonoras e visuais. Para o seu último longo, ‘No. 4’ ( Kranky, 2018), unha obra densa e envolvente traballada pola súa autora durante dous anos, Vantzou gravou diversos instrumentos, incluíndo vibráfonos, gongs, campás, marimba, arpa e sintetizadores. As súas actuacións en directo, nas que habitualmente incorpora a colaboradores e diversas formacións, fomentan a floración de mutacións nas súas composicións. O traballo de Vantzou está a recibir un unánime recoñecemento da crítica, tanto para o audio como para os elementos visuais.

Participan: John Also Bennett (piano e flauta) e Vertixe Sonora / Suelen Estar Quartet: Elena Vázquez (violín), María José Pámpano (viola), Macarena Montesinos (violoncello), Saúl Puga (contrabaixo).

Christina Vantzou
Website | Soundcloud | Bandcamp | SpotifyFacebook
Reseñas ‘No. 4’: The Quietus | Clubbing Spain | Mondosonoro

John Also Bennett
Website | Twitter | Instagram

Vertixe Sonora
Website | Facebook | Twitter | Instagram

Suelen Estar Quartet
Facebook | Soundcloud

Foto: Julie Calbert

☰ DOMINGO 16 | 20:00 | TEATRO PRINCIPAL ☰