fbpx

CHAGO


CHAGO / ES

Chago -alter ego do artista compostelán Iago Pedreira- é un axitador contracultural en continua procura de novos estímulos. O seu inconformismo levouno a explorar as marxes máis recónditas da música apostando por sons difíciles de categorizar, fuxindo de clichés e exhibindo con coherencia unha actitude de rexeitamento cara ao preestablecido. Como axitador e promotor, Chago transforma a súa contorna facilitando un diálogo entre artistas transgresores e espazos singulares que fertiliza a creación e a colaboración. Cofundador de Colapso, colectivo nómade xestado entre Santiago de Compostela e Berlín (onde fixa a súa actual residencia), Pedreira é tamén un dos artífices tras Codex Club, un monstro bicéfalo que se nutre de artistas locais e internacionais que deambulan entre o risco e a experimentación, afastados de modas e circuítos anquilosados.

Chago propón no seu híbrido live/djset unha formulación allea a calquera canon, utilizando elementos etéreos que dan forma a unha colaxe de texturas polimórficas, sons postapocalípticos e ritmos accidentados que converxen nunha experiencia afastada de toda zona de confort, propiciando no público novas lecturas e percepcións enriquecidas.

FacebookInstagram

[ XOVES 12 | 23:15 | SGAE – ROOM 2 ] HYBRID LIVE SET AV
WOS SHOWCASE X JÄGERMUSIC

[ SÁBADO 14 | 13:30 – 16:00 | MERCADO DE ABASTOS] DJ SET