fbpx

BLANCK MASS



BLANCK MASS / UK

Benjamin John Power (a metade de Fuck Buttons) leva facendo música baixo o nome de Blanck Mass desde 2010. En 2012, ‘Sundowner’, a segunda canción do seu álbum de debut homónimo, puxo a banda sonora á cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Londres, elixida por Rick Smith de Underworld e interpretada pola Orquestra Sinfónica de Londres para 900 millóns de persoas en todo o mundo. Nos anos seguintes Power lanzou dous álbums, ‘Dumb Flesh’ (2015) e ‘World Eater’ (2017) en Sacred Bones. ‘Animated Violence Mild’ (anunciado para o 16 de agosto de 2019, en Sacred Bones) é o cuarto LP de Power como Blanck Mass, do cal xa revelou tres temas de adianto. ‘Animated Violence Mild’ foi escrito ao longo de 2018 no estudo de Power, nos arredores de Edimburgo. As súas oito pistas son o diario dun ano de traballo impregnado de destreza, autodescubrimiento e dor. Estará en WOS acompañado polas visuais en directo de Dan Tombs.

LIVE A/V

FacebookTwitterInstagram | Youtube

[ VENRES 13 | 00:30 | CAPITOL ]