fbpx

BILL KOULIGAS


BILL KOULIGAS / GR / GER

Bill Kouligas é un artista, deseñador e músico grego afincado en Berlín coñecido por ser fundador, comisario e director artístico da plataforma multidisciplinar e selo discográfico PAN, casa de artistas como Pan Daijing, Le Gamble, Rashad Becker, Rene Hell, MESH, Objekt, Puce Mary, Errorsmith, Visionist ou Yves Tumor entre moitos outros. Baixo varios alias, nos últimos 15 anos Kouligas produciu, compuxo e publicou a súa propia música e actuou en lugares como o ICA de Londres, MoMA PS1 ou V&A Museum, así como en festivais e institucións como Berghain, Mutek, Unsound, Transmediale ou CTM. O seu traballo en solitario e a visión que imprime a todos os seus proxectos pon de manifesto a súa capacidade para empuxar os límites dos xéneros musicais a territorios descoñecidos,calidade que a prensa mundial recompénsalle cunha apreciación constante.

Bill Kouligas: Soundcloud | Twitter | Instagram
PAN: p-a-n.org | Facebook | Instagram | Twitter | Soundcloud | Youtube

[ SÁBADO 14 | 01:45 | CAPITOL ]