fbpx

BENDIK GISKE



BENDIK GISKE / NO / DE

Bendik Giske é un artista e saxofonista queer que usa a corporalidade, a vulnerabilidade e a resistencia como as súas ferramentas de expresión. En outubro de 2018 publicou o seu primeiro EP, ‘Adjust’ (Smalltown Supersound), con remixes de Total Freedom, Lotic, Rezzett e Deathprod.

Giske toma as estruturas constitutivas da música electrónica e reprodúceas en vivo, sen capas nin loops, permitindo aos fallos humanos manifestarse. Cita como referencias os arpexos de Lindstrom e a respiración circular de Evan Parker, e combinando eses dous extremos consegue a fusión do free jazz e a música club. Como compositor, Giske realizou traballos para danza e teatro, e como intérprete, é tan versátil como fascinante.

O seu álbum debut, ‘Surrender’, foi lanzado en Smalltown Supersound en xaneiro de 2019. Este debut conduce aos oíntes por unha verdadeira viaxe a través da euforia e a paixón das noites de Berlín, usando pouco máis que a súa voz, un saxofón e uns cuantos micrófonos coidadosamente situados. Mediante a respiración, aceiro e músculo, Giske está transmutando a súa experiencia club.

Facebook Spotify Soundcloud