ASUNA: 100 KEYBOARDS



ASUNA: 100 KEYBOARDS / JP

100 Keyboards é unha performance sonora creada polo artista Asuna Arashi. Procedente da escena experimental xaponesa, Arashi explora nesta obra os efectos físicos e psicolóxicos inducidos polas diferentes profundidades de son que forman parte da xeografía dun espazo.

En 100 Keyboards un centenar de teclados de xoguete emiten notas suspendidas de acordo ás teclas que o artista bloquea con espátulas. As múltiples ondas sonoras expándense en diversas direccións, creando unha complexa distribución de presións acústicas que xera un “moiré” de interferencias sónicas. Esta sinfonía ou “moiré sónico” tradúcese nunha experiencia auditiva única, específica do sitio na que se produce, configurada polo resultado da diferenza entre os sons, o espazo no que se reproducen, e o movemento do espectador. A inmersión na obra revela sutís variacións acústicas que emerxen e se retraen, hipnóticas capas de son e unha variación infinita de resonancias.

A pesar de ser considerado un novo talento da arte sonora e a vangarda xaponesas, a traxectoria de Asuna Arashi remóntase aos 90. Pioneiro e figura clave na escena de ambient, drone e experimental de Tokio, Arashi publicou numerosas referencias discográficas en selos de todo o mundo. Nos últimos anos o seu traballo focalízase no campo da performance e as instalacións, especialmente na fronteira que desdibuja a división entre arte e música.

Website Soundcloud Facebook Twitter |
Instagram Spotify Bandcamp

Foto: Ritsuko Sakata

 

ESTREA EN ESPAÑA

Entrada libre hasta completar aforo.

☰ SÁBADO 15 | 17:30 | CGAC – HALL ☰