fbpx

AMNESIA SCANNER



AMNESIA SCANNER / FIN / GER

Amnesia Scanner é un dúo musical, grupo de performance, estudo de deseño de experiencias e produtora creado por Ville Haimala e Martti Kalliala, finlandeses afincados en Berlín. Fundado en 2014, o enfoque de Amnesia Scanner baséase nunha perspectiva única sobre a tecnoloxía e a forma na que esta media na experiencia contemporánea. As vulnerabilidades do sistema, a sobrecarga de información e o exceso sensorial informan o seu traballo, que atopou un fogar tanto en clubs como en galerías.

Sobre a base da súa mixtape ‘AS Live [] [] [] [] []’ (2014), o aclamado ‘ Angels Rig Hook’ (2015) entrelazaba tácticas de pista de baile cunha narración mecánica, e os seus EP dobres ‘AS’ e ‘AS Truth’ (2016) destilaron dos anteriores unha colección abrasiva de ferramentas de criptorave. Por primeira vez no seu álbum debut, ‘ Another Life’ (setembro de 2019), engaden estruturas pop, intrincadas cunha produción de vangarda que explora de maneira evocativa un presente esquizofrénico marcado por narrativas que dirimen entre unha lenta apocalipse e salvación a través da tecnoloxía.

Estarán en WOS presentando o espéctaculo audiovisual titulado ‘AS Oracle Live Show’.

LIVE A/V

Facebook | Twitter | Instagram | iTunes | Spotify | Youtube